a nosa delegación
presentación
onde estamos
xunta directiva
comisións
secretaría  
actas das xuntas
circulares
buzón
preg. frecuentes
ferrol
guía de ferrol
enlaces
galería
novas
proxectos
Axenda 2012
xaneiro
lmmxvsd
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
febreiro
lmmxvsd
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829
Benvid@ á web

Benvidos a todos,
Crease esta páxina web como vehículo de comunicación para os colexiados e tamén para todos aqueles cidadáns interesados pola Arquitectura.

A Delegación de Ferrol crease no ano 1977 para achega-los servizos do COAG aos arquitectos e a poboación, que abrangue xa 216.000 cidadáns da nosa área de influencia territorial.

Naceu como unha das sete Delegacións que representan ó COAG en Galicia, e ao longo destes trinta e dous anos creceu en tódolos sentidos: en número de colexiados, nos servicios que se prestan de asesoramento e formación e nas actividades que se desenrolan a través das Comisións.
Dende o inicio adquírese o compromiso de difundi-la Arquitectura como valor cultural e social, abrindo a nosa Sala Multiusos a exposicións, charlas, cursos e conferencias; colaborando cos Concellos de Ferrol e Comarca, coa Universidade e outras institucións; en definitiva en todos aqueles aspectos relacionados co exercicio da nosa profesión.

Nestes momentos de novos plantexamentos laborais é imprescindible a suma de esforzos. A páxina web virá a ser un lugar de encontro e información para facilitar e potencia-lo traballo de todos nós.

Agardamos seguir mellorando coa vosa colaboración. Dende aquí as grazas a tódolos que participades dalgunha maneira co voso tempo e traballo nos eventos e actividades do noso colexio.